Feridos dous menores e un adulto nun accidente en Monforte

En Monforte, dous  menores e un adulto resultaron feridos despois de que o vehículo no que viaxaban se saíse da vía e envorcase.

O accidente ocorreu na estrada que une Escairón e Monforte contra as once da mañá. Foi un dos ocupantes do vehículo o que pediu axuda ao servizo de emerxencias 112. Indicou que  o coche envorcara e que todos os ocupantes estaban xa fóra do vehículo.

A partir de aí, o 112 Galicia solicitou a intervención do persoal sanitario, dos axentes de Tráfico e de Protección Civil.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com