O Concello de Ribadeo e a Comisión de Festas presentaron a programación das Festas Patronais 2026, que se desenvolverán entre finais de agosto e o 8 de setembro.
A programación comezou o 23 de agosto cun torneo de baloncesto entre o Río Breogán e o Sporting Clube de Portugal. Nos días seguintes celebraranse o Día da Bicicleta, o Día dos Maiores e o pregón, que correrá a cargo do médico Pepe Conde. Tamén haberá pasarrúas, actuacións da Coral Polifónica de Ribadeo e unha noite dedicada á música de varios DJs.
Durante a fin de semana desenvolveranse o Half Triatlón Ribadeo, sesións vermú, actividades infantís, inchables, festa da espuma, fútbol e verbenas con formacións como Miramar, Fania Blanco Show, Grupo Origen e Panorama City. O 7 de setembro, véspera da Patroa, actuarán o Dúo Venus, a Mekanika Rolling Band, Los Satélites e Grupo Tekila. A xornada rematará cunha gran sesión de fogos artificiais.
O 8 de setembro, Día da Patroa, celebraranse os actos institucionais e relixiosos: recepción das autoridades, misa solemne, procesión e concerto da Banda Municipal de Música. Pola tarde continuará a música no recinto feiral e, ás 23:00 horas, Mägo de Oz pechará as festas. O concerto desta banda será gratuíto. Os organizadores das festas agardanque esta agrupación contribua a que se achegue publico de resto da Mariña e da veciña Asturias
O alcalde, Daniel Vega, e o presidente da Comisión, Gonzalo Lebredo, destacaron o traballo conxunto do Concello, a Comisión e a Xunta de Galicia. Segundo explicaron, o obxectivo é ofrecer unhas festas grandes, variadas e populares, capaces de reforzar a identidade de Ribadeo e de beneficiar a hostalaría e o comercio






