" />

A finalista de Masterchef Junior dará unha masterclass no Mercado Municipal

A Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, avanzou esta mañá as actividades de Nadal gratuítas que terán lugar no Mercado Municipal e na Praza de Abastos. Arrincarán o venres día 22 de decembro cunha ludoteca, que se desenvolverá de luns a venres, excepto festivos, ata o 5 de xaneiro, en horario de 10:00 a 13:30 horas; para que os nenos e nenas, de 2 a 10 anos.

Na ludoteca terán lugar obradoiros de cociña creativa e alimentación saudable así como distintos xogos populares. O aforo da ludoteca é de 15 prazas e o tempo de permanencia nela será dunha duración máxima de hora e media. Para participar non é precisa a inscrición, soamente achegarse ata estas instalacións municipais e cubrir a documentación facilitada polos responsables.

Para o xoves 28 de decembro, o Concello ten preparada unha masterclass a cargo dunha das finalistas de Masterchef Junior 4, Paloma Martínez, a partir das 18:00 horas, nas instalacións do mercado municipal. Con ambas as dúas actividades, o Concello pretende fomentar a vida san e que os nenos e nenas, dende a súa corta idade, aprendan os beneficios dunha alimentación saudable cos produtos de calidade que se venden na Praza de Abastos e no Mercado.

“Estamos seguros de que ambas as dúas actividades redundarán nunha maior afluencia, e polo tanto, nun incemento das vendas nestas dúas instalacións municipais. Ademais, esta programación forma parte da política que está a levar a cabo o Goberno nestes espazos, coa que queremos contribuír ao seu coñecemento e á súa dinamización comercial, que se virá culminada coa peonalización e cobertura da rúa Quiroga Ballesteros”, concluíu a Concelleira.

Deporte como alternativa de lecer

Doutra banda, o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, xunto co Deputado de Deportes, Pablo Rivera, o xefe territorial de deportes, Manuel Otero “Cadramón” e o presidente do club ADC Lugo Sala, Marcos Pereira, presentaron na Sala de Usos Múltiples de Novas Tecnolíxas, a primeira edición do Torneo de  Nadal de fútbol sala de base Lugo Sala. O Concello colabora co clube nesta iniciativa poñendo a disposición da organización as instalacións deportivas necesarias para a celebración do evento. Así, os partidos, nas fases previas, terán lugar no Pavillón Daniel Cordido, na Casa do Deporte en no Palomar; sendo as fases finais no Pavillón Municipal  dos Deportes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo