Folgoso do Courel contará cunha residencia e un centro de día públicos

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, presentou este mércores o proxecto básico para a construción en Folgoso do Courel dunha residencia e centro de día públicos “nos que poderemos ofrecer atención profesional a 52 maiores da nosa provincia, cumprindo deste xeito cos veciños”.

Campos Conde explicou que estas instalacións sociais que o Goberno da Deputación decidiu levar a Folgoso do Courel proxéctase nunha parcela na que hai construída o antigo edificio do Colexio de Primaria. Debido a que as características desta edificación non cumpren coas esixencias legais, construirase un novo edificio, que se proxecta practicamente no mesmo lugar.

O proxecto conta cun edificio de 780 metros cadrados, divido en 2 plantas. Na planta de acceso, situaranse 16 habitación dobres con capacidades para 32 maiores, unha área de recepción administrativa así como a enfermería, na que se inclúe un baño xeriátrico. No semisoto, situaranse as dependencias de uso común e diúrno, tales como a sala de actividades, a polivalente do centro de día e da residencia, así como o comedor. Tamén están situadas as áreas de control, lavandería, cociña, vestiario de persoas e cuarto de instalacións. As 16 habitacións proxectadas en total contan cunha superficie duns 24 metros cadrados cada un. Todos dispoñen dun baño adaptado.

O Presidente avanzou que “para a construción da residencia e centro de día público, dende este Goberno da Deputación acordamos achegar un total de 1,2 millóns de euros da Deputación. Pola súa banda, o Concello debe, ademais de poñer á disposición do organismo provincial os terreos, concedernos a licencia de obra e colaborar cunha axuda económica de 200.000 euros, que non terá que achegar ata o vindeiro ano”.

Foto: Residencia O Castro de Castroverde.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com