" />

Fonmiñá prevé celebrar a XLII Semana de Cine de Lugo do 23 ao 28 de novembro

De acordo coas entidades patrocinadoras e colaboradoras, e tendo en conta a evolución da pandemia do Covid 19, o Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá confía en poder celebrar a XLII Semana de Cine de Lugo do 23 ao 28 de novembro próximos.

Considerando que as datas iniciais do mes de setembro non ofrecían a seguridade de poder ofrecer aos lucenses un Certame con todas as garantías que a normativa e a prudencia establecen, a Semana vaise celebrar (dependendo sempre da evolución do problema) entre o 23 e o 28 de novembro próximos, agardando para clarificar diversos aspectos da celebración a que a evolución da pandemia sexa como todos desexamos.

A organización conta cun total de 1.520 películas, entre longametraxes e curtametraxes, recibidas de practicamente todos os países do mundo, que nutrirán a filmografía desta edición da manifestación cinematográfica lucense.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo