" />

Formalizada a extinción de Suplusa

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e demais liquidadores de Sociedade Urbanística Provincial (SUPLUSA), participaron este martes na sinatura da escritura pública da extinción de SUPLUSA ante Notaria, nun acto que tivo lugar na Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos.

Este é o último paso para formalización da extinción da sociedade, logo de que fora sometida a exposición pública e non se rexistraran alegacións. A Comisión Liquidadora, formada por representantes dos tres grupos políticos con representación na institución, remataron o proceso de liquidación nun tempo récord, dun ano e dous meses. E, despois, o Pleno da Deputación de Lugo celebrado de forma extraordinaria o 30 de novembro, adoptou a decisión de extinguir SUPLUSA.

Un proceso que garante o compromiso feito pola institución provincial de manter todos e cada un dos postos de traballo das persoas que traballaban en SUPLUSA e de protexer os seus dereitos laborais. Así mesmo, ao eliminar o último ente instrumental que quedaba na Deputación, vese cumprido un acordo recollido no pacto de goberno do PSdG e o BNG, que fará á administración máis eficaz e útil para a cidadanía, gañando máis control dos fondos públicos e máis transparencia.

Efectos da extinción de SUPLUSA para a Deputación

A Deputación faise cargo dos bens inmobles de SUPLUSA, cun valor de taxación que ascende aos 24,3M€. Entre eles, atópanse terreos, parcelas, edificios, naves, maquinaria, medios auxiliares e vehículos, entre outros. Igualmente, a Deputación asume a xestión dos polígonos industriais nos diferentes puntos nos que se encontran cada un deles. A xestión dos polígonos é o único servizo que ofrecía xa SUPLUSA, despois de que no ano 2018 se lle retirase o de xestión dos Centros de Atención a Maiores e, a finais do ano pasado, se decidise encargar á empresa pública TRAGSA, como medio propio da institución, o mantemento e conservación de zonas verdes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo