Fudace recibe máis de 1.000 euros recadados no Equigal 2017

O Presidente da Deputación, Darío Campos, e a Alcaldesa de Lugo, xunto co Xerente da Fundación Pazos e Feiras Exposicións de Lugo, Rubén López; e a Directora Técnica do Concurso de Salto, Ana Mª Pérez-Lago, fixeron hoxe entrega da recolecta do Equigal 2017 ao Presidente da Fundación de Dano Cerebral (FUDACE), Luis Abelleira. Deputación e Concello de Lugo, xunto aos organizadores do evento decidiron destinar todo o recadado na Feira, 1.044 euros, a este colectivo pola importante labor social que desempeña na provincia. Ademais, durante o acto, entregóuselle ao Presidente de FUDACE a capa como “xinete do ano”.

Campos Conde felicitou e agradeceu a implicación de todos os implicados nesta iniciativa social “pois demostra que traballando da man entre o tecido asociativo lucense e as institucións, melloramos, neste caso, a calidade de vida dos nosos veciños. Por iso, achegamos estes 1.000 euros que proceden do último Equigal a FUDACE, un colectivo que ten o seu centro referencia en Castro de Rei, no que atende a unhas 60 persoas con dano cerebral e nas que traballan 48 profesionais para a súa atención”.

O Presidente de FUDACE agradeceu a entrega da capa como xinete do ano “pero sobre todo o talón coa recadación de Equigal polo que significa a colaboración permanente con Equiocio e que dende a nosa asociación seguiremos mantendo. Temos un compromiso adquirido con todo Lugo e a provincia, grazas á colaboración da Deputación, para ampliar e atender integralmente a máis veciños con dano cerebral”.

O Xerente da Fundación apuntou que “queremos recoñecer o grandísimo traballo que desenvolve FUDACE e que nos enche de orgullo, pois estes cartos van a unha labor social inmellorable. Por último, quero agradecer a todas as institucións a apoio a este evento, que se está convertendo nun referente internacional.”

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com