" />

A Fundación CEL acolle un novo Startup Day de ViaGalicia

A aceleradora ViaGalicia, impulsada polo Consorcio Zona Franca de Vigo e a Xunta de Galicia co apoio da Fundación CEL como sede norte, reuniu hoxe en Lugo aos emprendedores promotores de 32 proxectos empresariais para poder avaliar o seu grao de innovación, acelerabilidade e invertibilidade para a súa participación nas seguintes fases da aceleradora, que está a celebrar xa a súa quinta edición.

Durante a xornada, inaugurada por Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación ( GAIN); Teresa Pedrosa, delegada do Estado no Consorcio Zona Franca de Vigo; e Rodolfo Ojea, xerente da Fundación CEL, os emprendedores seleccionados -entre os máis de 200 proxectos presentados á quinta convocatoria- realizaron diferentes exercicios e dinámicas co obxectivo de que o Comité Técnico comprobe de primeira man algunhas capacidades fundamentais para o impulso de proxectos de emprendemento, como o liderado, a creatividade, o traballo en equipo ou a capacidade de negociación.

A selección das iniciativas empresariais que pasarán á fase de Academia ou Pre-Aceleración (ata un máximo de 40 proxectos -20 iniciativas por cada sede, Lugo e Vigo-) daranse a coñecer a próxima semana. Na etapa de Pre-Aceleración os emprendedores coñecerán as ferramentas necesarias para definir o seu modelo de negocio e mellorar as súas propostas de valor.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo