" />

A Fundación TIC entrega copias da curtametraxe A Chave de Bascuas

O Padrón da Fundación TIC e Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, acompañado da Alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín, entregou este venres, na Casa Habanera, 1.500 copias da curtametraxe A Chave de Bascuas aos veciños do municipio.

Santos subliñou “o interese da Fundación TIC en achegar ao pobo de Guitiriz un traballo de calidade froito do talento do mozo deste municipio, Bruno Penas, que se formou na Escola de Imaxe e Son de Lugo”. “Coa difusión e promoción da película, baseada nunha tradición ancestral da aldea de Bascuas, a TIC e o Concello de Guitiriz tentan preservar o patrimonio inmaterial e a recuperación da memoria a través das tradicións, como legado ás xeracións vindeiras”, engadiu Santos.

A TIC cos seus titulados

A Fundación TIC participou dende o principio na produción da Chave de Bascuas, idea orixinal do guitiricense Bruno Pena, na que traballaron outros tres titulados da EIS, coa prestación de apoio técnico e a participación de bolseiros e estudantes en prácticas, durante a súa rodaxe.

Á estrea da película, que tivo lugar o pasado mes de outubro, no Balneario de Guitiriz, asistiron máis de 300 persoas ás que hai que engadir os preto de douscentos asistentes a dúas sesións posteriores, na Escola Habaneira. Dende entón, as proxeccións continuaron noutros centros, coma o CEIP Lagostelle de Guitiriz, onde o seu director, Bruno Pena, acudiu a presentala xunto ao coordinador da Asociación Xermolos, Alfonso Blanco.

Tradición Ancestral

 A Chave de Bascuas está baseada nunha tradición ancestral segundo o cal as persoas ou animais con rabia podían curarse cunha chave que se conserva na capela de Bascuas, na parroquia de San Salvador. Ao parecer, existían dúas chaves que se queimaban ata poñerse incandescentes para marcar na fronte ao afectado, e liberalo da doenza.

O uso da chave de Bascuas para a curación da rabia desapareceu na segunda metade do século pasado, aínda que a día de hoxe viven unha das derradeiras persoas marcadas e a que poñía a chave, o marcador.

A curtametraxe, duns 15 minutos de duración, reflicte como era a vida na aldea de Bascuas, e en Galicia en xeral, nos anos 20 do século anterior, as festas, vestimentas, e os costumes da época.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo