" />

Galicia Baleira presenta a súa oposición ao peche do Colexio Público de Baamonde

Ante a ilóxica situación que está a expor a Conselleria de Educación na provincia de Lugo cos seus plans para o peche do Colexio Público de Baamonde, cambios no transporte público dos colexios de Folgoso de Caurel e Cervantes, desde Galicia Baleira, queremos facerlle chegar ao Sr. Román Rodríguez, a nosa firme oposición como colectivo que loita en Galicia polas melloras na contorna rural, que conleven a fixación de poboación e evitar así o continuo despoboamento que xorde das súas formulacións.

Non admitimos o peche do Colexio de Baamonde (nin o seu reagrupamento) porque ten cota de alumnado suficiente para continuar cumprindo o seu labor formativo con mais de 30 nenas e nenos de Baamonde e a súa contorna. Que esiximos respecto aos dereitos de pais, alumnos e profesores por encima de calquera formulación xurdida desde un asento en Santiago e obviando totalmente as posturas razoables expostas polo conxunto social.

Estamos en total desacordo igualmente coas formulacións previstas pola Conselleria en materia de transportes para os Concellos de Folgoso de Caurel e Cervantes e parece ser que tamén para outras zonas da montaña lucense, onde pretenden alterar o actual servizo de transporte escolar a través de taxistas – estes tamén fixan poboación e favorecen a actividade económica- para concertar o servizo con microbuses -entendemos que unicamente se tenta o cambio baseado criterios economicistas e non en calidade de servizo-. O sistema que pretenden xoga en contra dos nenos e as súas familias, xa que os microbuses non poderán acceder a todos os puntos de recollida actuais, os nenos terán que cambiar os seus hábitos e horarios, posiblemente con menos horas de descanso, maior percorrido a pé e en circunstancias ás veces infrahumanas para nenos de pouca idade en moitos días do ano, cunha meteoroloxía difícil.

Tamén os pais ou titores sufrirán as consecuencias, xa que haberá que recoller aos nenos en novos puntos con seguridade mais afastados dos seus domicilios e que pode afectar as súas condicións laborais. Isto é inaceptable desde calquera punto de vista e máxime cando algo está a funcionar ben e só prima para os novos plans o criterio económico, mentres por outras liñas dilapídase diñeiro público.

Galicia Baleira que mantén contactos con Fapacel e Ampas de Galicia para unha forza conxunta, quere plans para mellorar os servizos públicos no rural e a fixación de poboación, esperemos que a Xunta de Galicia faga un esforzo por entendernos e non busque outras alternativas, porque as zonas de montaña son áreas afectadas pola caída poboacional por mor de políticas negativas durante moitos anos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo