Galicia Sempre denuncia o “abandono” do barrio da Residencia

Galicia Sempre, continuando coa súa política social e tras escoitar aos veciños do Barrio da Residencia, reivindican a loita deste barrio contra o “abandono” ao que lles ten sometido o Concello de Lugo.

O peche do antigo Hospital Xeral trouxo consigo, segundo a formación de Carmen González, a perda de entidade do barrio, “tan activo noutras épocas, caendo nunha depresión que parece non ter fin”. Entre as queixas da veciñanza destacan as dos empresarios que “sobreviven a duras penas e gracias aos veciños”.

A agrupación resalta o, cada vez maior, peche de negocios, o destrozo das rúas, ou a escaseza de contedores do lixo, unhas condicións que levan a que os pisos descendan os seus prezos en preto dun 20% e o Concello esqueza este barrio á hora de realizar programacións culturais ou de integración dos veciños.

González denuncia así a “nula xestión municipal” á hora de dinamizar os barrios da cidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com