" />

Galiza Nova lanza a campaña ‘Temos un transporte doutro século’

Galiza Nova lanza unha nova campaña para denunciar a situación das infraestruturas e dos servizos de transporte que chegan a Lugo. Baixo o nome Temos un transporte doutro século, dende a organización xuvenil do BNG pretenden, segundo indicou o Responsable Comarcal, Alexandre Espiño, “visibilizar as dificultades que supón para a xente nova a falta de comunicacións e servizos dignos e de calidade”.

“Os 10 anos de goberno do Partido Popular na Xunta de Galicia foron 10 anos de atraso para Lugo”, indicou Alexandre Espiño, que explicou que “o goberno Popular maltratou á nosa comarca, eliminando conexións con cidades e vilas, ou mantendo unhas frecuencias totalmente insuficientes nas liñas que existen, que ademais teñen uns prezos desproporcionados”. Espiño explicou que “isto complica que moita mocidade que vive ou estuda fóra, poida volver á casa nas fins de semana”. 

Dende Galiza Nova tamén critican “o agravio en materia de transportes ao que o estado español leva moitos anos sometendo a Lugo”. Segundo declarou Alexandre Espiño, “vemos como os partidos españois realizan grandes campañas prometendo conexións de Galicia a Madrid en AVE, mentres os nosos servizos de media distancia están desmantelados ou directamente non existen”. Espiño denunciou “o desmantelamento que se está a levar adiante da liña de tren A Coruña – Monforte“, e destacou que “un tren que comunicara as distintas cidades e vilas de Galicia sería unha opción de transporte moi importante para a mocidade”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo