" />

Galiza Nova presenta o ‘PraiaBus’ que reivindica unha zona pública de baño no Miño

Galiza Nova presentou esta mañá o PraiaBus, un autobús simbólico, emulando os autobuses reivindicativos que xa se viron por Galiza como o vehículo transfóbico de HazteOir.

O autobús de Galiza Nova, é un cartaz no que se solicita a Zona de Baño Pública no Miño ao seu paso pola cidade de Lugo. Segundo explicou Alexandre Espiño, voceiro de Galiza Nova, “a mocidade de Lugo necesita dunha zona de baño para non ter que desplazarse no verán a outros sitios e poder disfrutar do río” .

Pola súa banda o voceiro do BNG-AA no concello de Lugo, Rubén Arroxo, lembrou todas as xestións que o BNG leva feito para conseguir que Lugo teña unha zona pública de baño e sinalou “que os gobernos da deputación e do concello non fixeron ningunha xestión para que Lugo poida contar este verán con esa zona de baño.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo