García Díez e Barreiro visitan as sedes de Afalu e Aspnais

«O PP é un partido totalmente comprometido coas políticas sociais, piar fundamental do Estado de Benestar». Así o asegurou o candidato popular ao Senado Xosé Manuel Barreiro despois das visitas que hoxe efectuou, xunto co candidato ao Congreso Joaquín García Díez, á sede de Afalu na rúa Juana la Loca e a de Aspnais no antigo hospital de San José, que está a punto de entrar en servizo.

Barreiro tamén declarou: «Na defensa desas políticas de benestar social e no seu futuro estivemos traballando e imos seguir traballando nos próximos anos para garantilas, por medio da estabilidade. A mellor fórmula para deseñar esas políticas é coñecer directamente, de boca dos responsables das entidades prestadores dos servizos, cales son as necesidades e problemas. Para elo, hoxe reunímonos con responsables da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (Afalu) e de Aspnais. Ese é o noso compromiso, o que nos vai a obrigar de cara ao futuro ao deseñar a nosa acción política».

Polo seu lado, Joaquín García Díez sinalou: «Continuando con las reuniones que mantenemos con diversos colectivos, en la mañana de hoy estuvimos con dos importantes asociaciones como son Afalu y Aspnais, repasando las cuestiones que más les preocupan y de las que queremos seguir siendo sus altavoces para que puedan seguir prestando a la sociedad esta labor tan impagable que hacen para que el Estado de Bienestar sea aquel que todos anhelamos y donde las administraciones no llegan. Por tanto, por todo lo que nos une, vamos a seguir trabajando con estas asociaciones y con el mundo de la discapacidad».

En Afalu, os dous candidatos populares reuníronse coa su presidenta, Carmen Pena; co seu director, Valentín Calvín; vicepresidenta Iria Franco. Nos locais a punto de estrear de Aspnais (antigo Hospital de San José), Barreiro e García Díez estiveron co seu presidente, José Reigosa; directora de servicios generales, Carmen López; directora do centro ocupacional, Blanca Roibás, e a directora do centro de día, Ana Fernández.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com