O Goberno Provincial lamenta que “Candia rexeite investir 900.000 euros máis nos Concellos co POS”

O Goberno Provincial lamenta que “Candia antepoña os seus intereses aos dos lucenses tras rexeitar a proposta do grupo provincial socialista de cuadriplicar a achega da Deputación ás obras municipais do Plan de Obras e Servizos para 2016”. Así o destacou este mércores Álvaro Santos Ramos. O voceiro salientou que “o non polo non é a máxima de Candia. Co único fin de bloquear as propostas do equipo de goberno, Candia foi capaz de rexeitar 900.000 euros máis para os Concellos a través do POS”.

O voceiro provincial socialista explicou que o PP preferiu sacar adiante no Pleno co apoio de 13 Deputados a súa moción para achegar dende o organismo provincial 2.780.538 euros ás obras municipais de dita programación, que investir 3.685.148 euros, que foi a orzamento que lle ofreceu o grupo provincial socialista. A diferenza entre estas cantidades supón unha perda para os Concellos de 900.000 euros.

“Non nos serve a débil escusa sobre o orzamento para obras provinciais do POS, pois Candia sabe perfectamente que, a maiores do presupostado nesta progarmación, sempre quedan excedentes de tesoureiría (de feito o ano pasado estes superaron os 200.000 euros) que poden achegar a novas e máis actuacións na rede viaria provincial. Isto garante que non se reduza nin un só euro a achega da Deputación para obras provinciais do Plan de Obras e Servizos”, remarcou.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com