Guitiriz concede á Deputación a licencia necesaria para construír unha residencia no municipio

A Deputación de Lugo obtivo hoxe a licenza de obra do Concello de Guitiriz para a construción do centro de atención a maiores na Casa da Botica. Deste xeito, os traballos para habilitar a residencia poderán comezar nunhas semanas, toda vez que xa están adxudicados en 1,2M€ á empresa Joca e unha vez obtida tamén a autorización administrativa da Xunta para a creación desta dotación social.

O Presidente do Executivo provincial, José Tomé, subliñou que, con este novo paso, “seguimos demostrando a nosa firme e clara vontade de cumprir con todos e cada un dos compromisos adquiridos cos concellos en materia de construción e posta en marcha das residencias, tal e como afirmamos dende o principio do mandato”.

Tomé destaca que a colaboración e permanente contacto da Deputación co Concello de Guiritiz, coa súa Alcaldesa, Marisol Morandeira á fronte, permitiu avanzar na tramitación administrativa necesaria para poder dar comezo ás obras, “sabemos que unha nova moi esperada polos veciños e veciñas, que levan moito tempo agardando para que ver materializado un proxecto fundamental para a localidade, tanto para mellorar o benestar, como para a creación de emprego sostible”.

A residencia de Guiritiz contará con tres plantas e disporá de 26 habitacións individuais para uso normal, que poden converterse en habitacións dobres, e unha habitación, a maiores, para uso de enfermería por residentes que precisen unha atención sanitaria importante.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com