" />

Hostalería de Galicia pide á Xunta unificar os horarios de peche ás 23 horas

A Confederación Galega de Empresarios de Hostalería e Turismo (Hostalería de Galicia) integrada polas asociacións provinciais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, deron traslado ao Vicepresidente Primeiro da Xunta de Galicia do sentir do sector en relación aos distintos horarios de peche dos establecementos de hostalería vixentes neste momento.

Considerando que a situación epidemiolóxica na Comunidade de Galicia é boa, Hostalería de Galicia solicita que, por parte da Xunta, se valore a posibilidade de unificar os horarios de peche dos establecementos de hostalería ás 23:00 horas.

Así mesmo puxeron en coñecemento do Vicepresidente, Alfonso Rueda, a inquietude do sector en todo aquilo que poida afectar ao mesmo, despois do día 9 de maio, tras a finalización do estado de alarma, dado que, a día de hoxe, explican “non existe ningún tipo de información”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo