Hoxe celébrase o Día da Letras Galegas 2025

A Real Academia Galega dedica o Día das Letras Galegas 2025 o cal se celebra hoxe, á poesía popular oral, na figura de varias mulleres cantareiras como : Eva Castiñeira Santos, de Muxía,  Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes as catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica) e Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda,

Nesta ocasión, en paga de facelo nunha persoa determinada, tomouse a decisión de que a representación  fora colectiva, como xa se fixera na elección dos trobadores da ría de Vigo en 1998, cando se lles dedicou o Día das Letras daquel ano, rendendo homenaxe á poesía medieval. Coa elección deste ano 2025, o que se pretende e recoñecer a importancia dos cantos populares transmitidos de xeración en xeración, de forma case exclusiva por mulleres, coa excepción singular da montaña luguesa (Os Ancares e O Courel) na que tamén participaron homes, aínda que de xeito moito menos importante.

Tamén é  de destacar que en paga de pandeireta, nestas serras, utilizábase como instrumento de percusión a pandeira, máis grande e con menos ferreñas que a pandeireta.

Foto: Inés Rodríguez cantora dos Ancares.

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com