Hoxe serán descubertas dúas novas placas no Paseo do Cine de Lugo

Hoxe, xoves, serán descubertas dúas novas placas no Paseo do Cine de Lugo, que promove o Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, con motivo da XLII Semana de Cine de Lugo.

Ás cinco da tarde, no Paseo, nas inmediacións da Avenida da Coruña, van ser descubertas as placas de Luís Tosar e Carmen Correa.  A de Luís Tosar forma parte da homenaxe que a Semana de Cine 2020 está a render ao xenial actor lucense; e a de Carmen Correa, complementa a homenaxe rendida en 2006 á artista de Baleira, para ir incorporando a este Paseo a todos os “grandes” que foron homenaxeados nas Semanas de cine lucenses.

A placa de Luís Tosar, vai ser descuberta por Mavisa Rodríguez López, a súa profesora de Instituto en Lugo, que foi esencial para a reafirmación do actor na súa vocación.

A placa que honra a Carmen Correa, será descuberta por Alfonso Riveiro, director do xornal el Progreso, oriundo de Baleira, que xa tivo no seu día un destacado papel na homenaxe á artista nacida no Queirogal, daquel Concello.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com