" />

Importante descenso dos positivos a xornada na que Lugo baixa dos 5000 casos

Lugo experimentou nas últimas horas un importante descenso no ritmo de contaxios nunha xornada na que se manteñen as cifras da presión asistencial. Algo pouco habitual hacia finais da semana e que podería confirmar a melloría desta sexta vaga da pandemia.

Así, en cifras, Lugo rexistrou nas últimas horas un total de 4820 casos activos, 288 infeccións menos que na xornada anterior; un baixón importante e que deixa á provincia por baixo dos 5000 casos por primeira vez dende o 3 de xaneiro cando se rexistraban 4677 casos.

O certo é que este descenso vén dado, en gran parte, polo freo no ritmo de contaxios, 300 nas últimas horas fronte aos 420 da xornada anterior; que se suma ás 587 altas médicas rexistradas nas últimas horas. Así, dende o inicio da pandemia fronte aos 48.539 contaxiados polo virus, 43.416 xa se recuperaron.

No tocante á presión asistencial, na última xornada mantívose sen grandes cambios.  Do total de pacientes positivos, 5 están en UCI do Hula, mentres que 46 recupéranse en unidades de hospitalización: 34 no HULA, 8 no hospital da Costa e 4 no da Mariña.

Da outra banda, se atopan os falecidos logo de seren diagnosticados con Covid19, son un total de 299 decesos dende que comezou a pandemia en marzo de 2020, mentres que nas últimas horas o SERGAS no rexistrou ningún novo falecemento.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo