" />

Importante descenso nos casos activos de Covid-19 na área sanitaria de Lugo

Con 12 casos menos que no día de onte, a área sanitaria de Lugo rexistrou un importante descenso nos casos activos por coronavirus, segundo a última actualización da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade na que informou  que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 238; deles 26 son da área da Coruña, 171 da de Lugo, 4 da de Ourense, 7 da de Pontevedra, 14 da área de Vigo, 15 da de Santiago, e 1 da de Ferrol.

Cabe destacar que dos 171 casos activos de Lugo, 151,  pertencen ao distrito sanitario da Mariña. Das 80 PCR realizadas realizadas nas últimas horas a persoas relacionadas con este brote, tan só unha foi positiva. A maiores, nas últimas horas, un total de 13 persoas positivas en Covid-19 foron dadas de alta tras curarse e superar a enfermidade, o que deixa o número de casos activos en 151, é dicir, 12 menos ca onte.

Do total de pacientes positivos en Galicia, 1 permanece en UCI, 6 están en unidades de hospitalización e 231 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.979 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 223.514.

Dende o Sergas lembran á ciudadanía a necesidade de continuar a aplicar as medidas hixiénico-sanitarias establecidas desde o inicio da pandemia do coronavirus, poñendo especial énfase na necesidade de empregar sempre as máscaras, gardar a distancia física de seguridade, hixiene de mans…

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo