Inauguración das novas instalacións do Centro Sociocultural de Pol

O Presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, o Alcalde de Pol, Lino Rodríguez Ónega, e o delegado territorial, José Manuel Balseiro, participaron onte,  no acto de presentación das melloras levadas a cabo no Centro Sociocultural de dito municipio chairego, situado na Parroquia de San Salvador de Mosteiro. O Goberno da Deputación colaborou con este proxecto con máis de 50.000 euros, o Executivo da Xunta fíxoo con 29.000 euros e o do Concello con máis de 18.000.

Campos Conde remarcou que “dende o Goberno da Deputación levamos investimentos aos 67 municipios da provincia para dinamizar a economía local e ofrecer prestacións públicas que favorezan a vida no rural. Exemplo disto, as melloras que hoxe se presentan no Centro Sociocultural de Pol, un espazo no que os máis de 1.600 veciños deste municipio poderán disfrutar de diversas actividades lúdicas e culturais, sendo un punto de encontro de referencia para as persoas que viven neste municipio chairego”.

Rehabilitación do Centro Sociocultural

O Goberno da Deputación achegou en total de 50.356 euros, dos que 20.335 euros foron para illamentos térmicos. Con esta actuacións o Concello poderá aforrar máis dun 10% na factura anual da calefacción. Outros 28.788 euros foron para melloras nos accesos viarios ao centro e no propio Salón de actos. Finalmente, 1.232,37 euros destináronse á reforma e mellora da iluminación do exterior desta dotación pública.

Polo súa banda, o Executivo da Xunta de Galicia colaborou con 29.137,59 euros nos traballos de rehabilitación do centro. No trascurso do acto de inauguración das instalacións, Balseiro, declarou que “recuperarán o seu dinamismo, coa posibilidade de volver a acoller en mellores condicións, as múltiples actividades que fan deste centro o corazón cultural e social desta localidade”. O delegado territorial indicou que “a Xunta presta colaboración permanente aos concellos co ánimo de dar resposta ás principais necesidades que presentan, para que todos os veciños e veciñas da provincia gozen sen discriminación duns servizos públicos de calidade”. Pola súa banda o Concello de Pol financiou con máis de 18.000 euros estas obras.

No seu conxunto, os traballos serviron para subsanar as deficiencias en acabados, derivadas de filtracións e humidades, que imposibilitaban o uso adecuado dos accesos ao Centro Sociocultural e ao Salón de actos para calquera evento, provocando un empeoramento nas condicións de traballo, que redunden no deterioro do servizo e nunha perda de recursos económicos para o municipio.

Durante o acto, actuaron tres acordeonistas polenses, o grupo de folk do municipio Leña verde e o cantautor galego Davide Salvado.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com