Inauguración do parque de aventuras Roq Park de Viveiro

 

A Mariña Lucense conta dende hoxe cunha nova oferta turística, o “Parque de Aventuras Roq Park” de Viveiro. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, participou hoxe na inauguración deste novo parque onde puxo de manifesto o “papel de iniciativas emprendedoras que impulsen o rural galego da man do turismo de aventuras e de natureza dun xeito sustentable”.

Como explicou, trátase dunha iniciativa que contribuirá a reforzar a oferta turística da Mariña lucense, que se está a consolidar como un dos destinos que máis medran en Galicia. Este novo espazo de lecer está situado nun espazo próximo á área recreativa de San Roque e naceu froito da colaboración dunha empresa local de actividades deportivas e de multiaventura e a comunidade de montes de San Roque. Foi un dos proxectos beneficiarios da liña de axudas do programa Galicia Rural Emprende, do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que achegou 65.000 euros.

Como explicou Nava Castro, o novo parque promoverá un turismo familiar e de aventuras, un segmento “moi interesante” que tamén ten en conta a Estratexia do Turismo de Galicia 2020, que recolle de xeito transversal a importancia de ofrecer unha actividade turística que garanta a excelencia da atención aos viaxeiros e que axude a medrar a través da especialización e da adaptación aos novos mercados.

Novas relacionadas

  1. Rosa Cacabelos Regueiro
    Xul 27, 2019 - 12:03 AM

    Bea Caña Garcia, Cati Caña García, Nico Docal 🤔🤔🤔 como será ???

    Reply
  2. Veva Rego
    Xul 26, 2019 - 09:25 PM

    O parque das rocas**** Rock Park.

    Reply
  3. Veva Rego
    Xul 26, 2019 - 09:24 PM

    Será ROCK Park….. a manía de inglesear todo…..

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com