Inaugurada a exposición “40 anos de autonomía de Galicia nas caricaturas de Siro López”

A Sede Afundación en Lugo acolle desde hoxe, xoves 4 de setembro, a exposición «40 anos de autonomía de Galicia nas caricaturas de Siro». Á inauguración asistiron o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices; alcalde do Concello de Lugo, Miguel Fernández Méndez; a coordinadora da Área de Cultura de Afundación, María Teresa Cores Fernández; a subdelegada de La Voz de Galicia en Lugo, Paula Álvarez García; comisario da exposición, Aser Álvarez González; e o artista, Siro López.

Esta exposición é un proxecto do Parlamento de Galicia que conta coa colaboración de La Voz de Galicia e Afundación, a Obra Social de ABANCA, e a coordinación de Aser Álvarez, que reúne unha selección de 230 viñetas políticas elaboradas por Siro López para La Voz de Galicia entre os anos 1985 e 2006 nas que se recordan os momentos de maior transcendencia política de Galicia e os seus protagonistas, xunto coas páxinas do xornal nas que no seu día apareceron publicadas. Ademais, tamén se expoñerán pezas relativas á primeira lexislatura autonómica (1981-1985) e unha decena máis de debuxos inéditos sobre os últimos anos da política galega.

«40 anos de autonomía de Galicia nas caricaturas de Siro» quedará aberta ao público na Sede Afundación de Lugo ata o vindeiro 11 de outubro, de luns a venres en horario de 09.00 a 14.00 h e de 17.00 a 20.30 h, e os sábados de 11.00 a 14.00 h e de 17.00 a 19.00 h.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com