" />

Inaugurada en Lisboa a exposición sobre Manuel Rodríguez López

O pasado venres 7 de outubro inaugurouse no Centro Galego de Lisboa a exposición Manuel Rodríguez López, sobre a vida e obra do escritor de Paradela, fillo predilecto dese Concello, e que dá nome á Casa Municipal de Cultura e a un Certame Literario do que se está celebrando a XXI primeira edición.

Neste acto tamén se presentaron a reedición do folleto que presenta os contidos completos da exposición, e a segunda edición da Antoloxía Poética de Manuel Rodríguez López, coordinada por Xesús Alonso Montero e Santiago Rodríguez.

A mostra forma parte do PROXECTO MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, emprendido por GaliciaDigital e a familia do escritor, co apoio do Concello de Paradela, a Xunta de Galicia (Secretarías Xerais de Política Lingüística e de Cultura), a Deputación Provincial de Lugo e a Real Academia Galega. A estas entidades únese agora o Consello Regulador dá Denominación de Orixe Ribeira Sacra, como novo co-patrocinador do proxecto.

Está composta por oito paneis dobres, nos que se reflicte de maneira moi gráfica a vida e obra do escritor paradelense, considerado o mellor poeta obreiro galego do século XX, que escribiu en Cataluña a maior parte da súa obra, e foi ademais dun gran animador das actividades galegas nesta comunidade, o vínculo perfecto entre Galicia e os galegos emigrantes no País catalán

Na inauguración da mostra participaron Álvaro Moreira, presidente do Centro Galego de Lisboa, e o Director de GaliciaDigital, Antonio Giz.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo