Inaugurado o edificio do novo auditorio de Lugo

A falta de pequenos detalles, o edificio do auditorio de Lugo está rematado. Pero queda a segunda parte, quizás máis importante que os traballos rematados, como son a instalación dos equipos técnicos e toda a infraestrutura necesaria para que se poda desenvolver a actividade cultural no citado centro.

Á inauguración asistiu o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a  Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o Subdelegado do Goberno, Ramón Carballo e outras autoridades. No transcurso da mesma a alcaldesa de Lugo, agradeceu ao Presidente da Xunta á visita á infraestrutura cultural “para ver de primeira man as necesidades que nos quedan, que seguro iremos solucionando na liña da colaboración entre administracións” e engadiu “É un gran auditorio, á altura dunha cidade como Lugo, que o merece e que nos equipara ao resto das grandes cidades galegas, pois eramos a única sen esta dotación. Esperamos poder gozar dela en breve”

Pola súa banda, o Presidente da Xunta, Núñez Feijóo, respondeu á alcaldesa co ofrecemento da Xunta para colaborar co Concello e, xunto coa participación doutras institucións provinciais, finalizar o equipamento do novo auditorio.

Asemade, Feijóo destacou que esta infraestrutura é a obra máis importante de todas as que a Xunta está a desenvolver no marco do Plan Hurbe. Unha iniciativa que permitiu xa levar a cabo 105 actuacións en 67 concellos, cun investimento total de 112 millóns de euros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com