Inaugurado o torneo “Lugo Debate”

Hoxe comezou a segunda edición do torneo “Lugo Debate”, que reúne na cidade a máis de 200 estudantes de Secundaria, Bacharelato e Universidade de toda Galicia, o delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias participou na inauguración e destacou o papel do torneo como espazo de encontro e intercambio de ideas, e puxo en valor este tipo de actividades que fomentan o desenvolvemento de habilidades como a análise, a capacidade de reacción e a argumentación.

O evento está organizado pola asociación Más Debate. A inauguración e as primeiras roldas celebráronse na Escola de Relacións Laborais, onde continuará a competición durante a xornada do venres. As finais terán lugar o sábado no Círculo das Artes.

A programación inclúe tamén actividades complementarias, como unha visita guiada pola cidade, un obradoiro de oratoria e unha charla do guionista Pepe Coira. Ademais, mañá venres terá lugar un concerto da artista TERE! no salón de actos da Delegación Territorial da Xunta. A actuación forma parte da xira da cantante tras gañar o certame Track Zero Fest, impulsado pola asociación organizadora do torneo.

Administración autonómica colabora novamente nesta iniciativa, que se desenvolverá ata o sábado, facilitando ademais o aloxamento das persoas participantes no complexo residencial xuvenil LUG II.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com