" />

Incorpóranse aos seus traballos 159 desempregados do Ben Empregado II

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Deputado de Promoción Económica e Social, Álvaro Santos Ramos, recibiron este mércores no Pazo de San Marcos a 159 desempregados lucenses e aos 141 representantes das empresas e colectivos nos que comezarán a traballar. Fíxoo con motivo da celebración da xornada informativa previa a súa incorporación laboral a través do Ben Empregado.

Os técnicos provinciais explicaron polo miúdo durante a xornadas os dereitos e obrigas da participación neste programación de emprego. As entidades e colectivos incorporan, obrigatoriamente, cláusulas sociais nos contratos para blindar os dereitos laborais e salariais dos traballadores. Non se poden incumprir os convenios dos respectivos sectores. Por exemplo, reducir os soldos ou aumentar os horarios. Neste caso, perderían directamente a subvención do organismo provincial. Os traballadores, que teñen un período de proba, contan con contratos por un mínimo dun ano, con vontade das empresas e asociación de ser prorrogable. A Deputación asume os custes salariais e da seguridade social dos empregados.

Estes 159 novos traballadores, súmanse a outros 80 que iniciaron a súa actividade laboral nos pasados días a través do Ben Empregado II, e aos 248 que xa o fixeron co Ben Empregado I. Polo tanto, son un total de 487 as persoas que estaban no paro e que se insertaron laboralmente a través das dúas edicións desta programación da Deputación.

Ata mañá segue aberto o prazo de solicitude doutros 70 postos de emprego máis en diferentes sectores e en empresas e asociacións de toda a provincia. As inscricións deben realizarse no Rexistro da Deputación. Toda a información está publicada en www.deputaciónlugo.gal. Para consultas pódese chamar a 982-260-222 e 982-260-085, ou ben enviar un correo electrónico a benempregado2@deputacionlugo.org.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo