Incrementa un ata o 98% a poboación con acceso a cobertura no termo municipal de Lugo

O Plan de Banda Larga promovido pola Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), adscrita á Xunta, permitiu ampliar do 86 ao 98% a poboación con acceso a cobertura de ata 20Mbps no termo municipal de Lugo nos últimos cinco anos, sumando a cobertura da rede fixa e móbil.

Así o avanzou o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro quen tamén asegurou que debido á rápida evolución das tecnoloxías e a necesidade de ampliar a cobertura nas parroquias rurais próximas á cidade, seguirase traballando da man das operadoras e doutras administracións, para ampliar en calidade e despregue as redes de telecomunicación desenvolvidas ata o momento.

“O noso obxectivo é acadar, nun prazo curto e razoable de tempo, a cobertura universal no municipio de Lugo e garantir velocidades de banda larga moito máis elevadas para que veciñanza e empresas teñan acceso a novos e cada vez máis sofisticados servizos telefónicos e dixitais”, explicou o delegado.

Balseiro precisou que as principais actuacións xa concluídas consistiron na dotación de tecnoloxía ADSL no núcleo de Nadela con ata 10Mbps (de Telefónica); o despregue da rede 3G-4G en 119 núcleos de poboación e 40 parroquias de Lugo. Para isto foron necesarios novos investimentos en torres de telefonía móbil, que superaron o medio millón de euros e que consistiron na actualización das torres de 3G para ofrecer cobertura 4G.

Finalmente, procedeuse ao despregue da tde Mera), Miñao e Piñeiro (parroquia de San Martiño de Piñeiro), Ribadelo (Ribas de Miño), Illar de Amigo, San Román, Tedín e O Val (parroecnoloxía Wimax no Sur de Lugo de 2Mbps nos núcleos de Crecente (parroquia de San Pedro quia de San Román). En 2018, esta tecnoloxía Wimax está migrada á 3G/4G de Telefónica.

Tamén o operador R dotou de cobertura de fibra óptica en abril de 2018 ao polígono industrial da Louzaneta. O polígono de As Gándaras xa dispoñía de fibra óptica.

En relación con este ámbito, o delegado lembra que ata o 31 de xaneiro de 2019 está aberto o prazo de convocatoria de axudas para autónomos e empresas illadas (fóra de parques empresariais) que estean interesadas en contar con redes de 30Mbps. Con cargo a esta mesma orde de axudas investíronse, en convocatorias anteriores, máis de 23.000 euros para dotar deste servizo a dúas empresas lucenses.

Por outra banda, garantiuse que todos os centros educativos públicos existentes no concello de Lugo dispoñan de conexión a redes de máis de 100 Mbps. En concreto, conectáronse os centros educativos Ceip Manuel Mallo Mallo, Ceip Virxe Dá Soidade, Ceip A Ponte e Cee Santa María, que carecían deste servizo.

De cara ao futuro, Balseiro avanzou que a compañía Telefónica despregará fibra óptica nos núcleos de Nadela e na Urbanización A Campiña (a posta en servizo desta rede está prevista para 2020).

Con estes datos, no que respecta á cobertura de redes de fibra óptica de máis de 100 Mbps, máis do 90% da poboación do Concello de Lugo xa dispón de acceso a estes servizos ou previsión de despregue, localizándose esta poboación en 14 núcleos de 9 parroquias.

Balseiro aproveitou tamén para facer un chamamento ás operadoras de telecomunicación e as administracións local e estatal -especialmente a esta última por ser a competente en materia de apoios para universalizar as redes de comunicación e para o despregue da Axenda Dixital- para se impliquen na mellora deste servizo, tal e como está a facer e pretende seguir facendo a Xunta.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com