" />

Industria insta a Alcoa a buscar unha solución alternativa ao ERE

O secretario xeral de Industria e da Peme, Raúl Blanco, presidiu onte unha reunión telemática cos representantes do Comité de empresa de Alcoa San Cibrao para analizar a situación da planta tras o anuncio da empresa de despedir a máis de 500 traballadores.

Durante a reunión, o secretario xeral de Industria reafirmou que hai un proxecto industrial e enerxético viable para San Cibrao polo que insta a Alcoa a buscar unha solución alternativa ao ERE para evitar os despedimentos e o peche das instalacións. “O que hai que facer é unir forzas, institucións con sindicatos, para esixirlle unha resposta a Alcoa. O que teñen que ter claro os traballadores é que o Goberno se está empeñando a fondo para dar unha solución viable a Alcoa”.

Blanco lembrou ao comité de empresa que o Goberno mantén a súa proposta de plan industrial para Alcoa que garante a viabilidade da planta e trasladou as diferentes medidas adoptadas polo Goberno para apoiar a industria electrointensiva, como o recentemente aprobado Fondo de Garantía para Entidades Electrointensivas dotado con 600 millóns de euros de investimento en tres anos, un instrumento que vai permitir garantir un prezo estable e mellorar a competitividade da industria. Así mesmo, o marco de axudas á industria electrointensiva vai quedar regulado nas próximas semanas a través do Estatuto do Consumidor Electrointensivo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo