" />

Infraestruturas instala novos paneis de información nas paradas de bus

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas informou hoxe dos traballos que se están a realizar continuando co proceso de renovación de liñas de transporte público. O edil explicou que “estamos a renovar os paneis informativos das paradas que se atopan máis desgastados e os que son máis antigos”.

“Seguimos dando pasos adiante no proceso de implantación das novas liñas”, declarou o titular da área que engadiu “trátase dun proxecto que está xa completamente confeccionado e do cal seguimos a dar pasos adiante na súa implantación”. O edil lembrou que “antes de que as novas liñas entren en funcionamento, realizaremos unha campaña de promoción das mesmas para que toda a veciñanza poida coñecer a nova mobilidade de Lugo”.

O novo proxecto de transporte público está formado por 22 liñas, que estarán cubertas por 21 buses.  O concelleiro explicou que “contaremos con catro grandes liñas que conectarán as zonas norte e sur de Lugo, e dúas máis que conectarán o leste co oeste da cidade”, e destacou as conexións das distintas zonas, como o eixo Norte-Sur da cidade, que inclúe a Avenida da Coruña, a Ronda da Muralla, a avenida Ramón Ferreiro e a Avenida de Madrid, onde se atopa a maior parte da poboación, terán un bus cunha frecuencia de 10 minutos. O HULA e os barrios mellorarán tamén as conexións, contando con 6 liñas que unan de xeito directo o hospital con distintas zonas da cidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo