Iniciase o procedemento para solicitar a declaración do Arde Lvcvs como Festa de Interese Turístico Internacional

O Concello acordou este mércores en Xunta de Goberno Local iniciar o procedemento para solicitar a declaración do Arde Lvcvs como Festa de Interese Turístico Internacional. Así o avanzou a rexedora lucense, quen subliñou que “tras este paso, o seguinte será levar esta instancia a Pleno e remitila ao Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, que será quen solicite logo á Xunta o seu informe favorable”.

Lara Méndez,  explicou que “esta solicitude pódese facer efectiva nestes momentos, logo de cumprir xa os cinco anos como Festa de Interese Nacional, e porque consideramos que reúne todos os requisitos para acadar este recoñecemento”.

Un total de 19 asociacións de recreación histórica están implicadas na súa organización, sumando preto dun millar de socios, aos que hai que engadir ás persoas que mobilizan a través de redes de amigos e familiares, e que non sendo propiamente asociadas, colaboran especialmente durante a preparación de actividades programadas e os días da festa.

Tamén resulta fundamental a implicación dos distintos sectores da cidade, dos patrocinadores e tamén dos centros educativos, actores decisivos para manter viva a festa e as orixes históricas de Lugo e que cada ano organizan un desfile onde participan máis de 3.000 nenos.

Repercusión nacional e internacional

Ao longo do tempo, o Arde Lvcvs foi ampliando cada ano a súa presenza nacional e internacional, coa colaboración en moitos casos con outras asociacións e festas de recreacións nacional e internacionais, e, precisamente, foi durante a COVID e nos anos posteriores onde se alcanzaron os maiores índices de coñecemento desta festa fóra de Galicia e España grazas, en gran parte, ao tirón das novas tecnoloxías.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com