Internet sen riscos, tema central dunha xornada informativa para pais e docentes

A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Inclusión do Concello de Lugo, que dirixe Ana González Abelleira, ten preparada para mañá unha charla gratuíta, dirixida principalmente a familias e docentes, sobre o uso das novas tecnoloxías dixitais, principalmente internet, móbiles e redes sociais, sen riscos en adolescentes.

A xornada informativa será no auditorio do Vello Cárcere a partir das 19:00 horas. A asistentencia é de balde pero é preciso inscribirse a través do Servizo de Información Municipal 010. Trátase dunha xornada, impartida por Jorge Flores Fernández, licenciado en informática e autor de varias publicacións e materiais didácticos relacionados co usos seguro das TIC, coa que se busca dar a coñecer como viven as e os adolescentes a súa vida dixital, identificar cales son os retos e as estratexias preventivas, así como pór en valor e potenciar as oportunidades que brinda a actual sociedade conectada a internet.

Ana Abelleira puxo en valor esta iniciativa, organizada pola entidade local xunto ao colectivo Pantallas Amigas, que advirte a nais e pais, docentes e profesionais que traballan con mozos e mozas no ámbito da educación, da saúde ou da acción social da importancia dun bo uso das novas tecnoloxías entre os menores, que son vítimas de un de cada catro delitos informáticos.

En concreto, abordaranse os seguintes aspectos: intenet, riscos e oportundiades para nenos e nenas e adolescentes, clasificación dos riscos, uso das principais redes sociais, contidos nocivos como o ciberacoso, ciberbullyng, sextorsión, revenge porn ou ciberviolencia de xénero, así como a detección de problemas ergonómicos e psicosociais derivados dun uso abusivo das redes, a privacidade no móbil, os videoxogos, as medidas a tomar no fogar para previr un mal uso e lugares de referecia para pedir axuda.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com