" />

Investigada unha lucense por conducir sen carné

A Policía Local de Lugo detectou onte a unha muller que conducía un vehículo no que levaba aos seus fillos, carecendo do permiso de conducir.

Os feitos tiveron lugar en torno ás 2 da tarde nas inmediacións dun centro escolar da cidade, cando os axentes deron o alto á condutora que acababa de recoller aos fillos, menores de idade, do colexio. Ao solicitarlle o permiso de conducir, a muller di que non o levaba consigo e, tras realizar as comprobacións de identidade, os axentes detectan que a muller nunca obtivo o carné.

A parella da muller fíxose cargo dos nenos e ela foi trasladada polos axentes ás dependencias da Unidade de Atestados onde se lle instrúen dilixencias como investigada por un delito contra a seguridade viaria. Esta condutora enfróntase a pena de prisión de 3 a 6 meses, multa de 12 a 24 meses ou de traballos en beneficio da comunidade de 31 a 90 días.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo