" />

Isabel Rodríguez fai seguimento da posta en marcha do Ingreso Mínimo Vital en Lugo

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, visitou hoxe a dirección provincial do Instituto Nacional da Seguridade Social, para interesarse pola posta en marcha na provincia de Lugo do Ingreso Mínimo Vital, unha prestación que acaba de crear o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións e que se pode solicitar desde o pasado luns, día 15 de xuño.

A subdelegada, que se reuniu co director provincial do INSS, Juan José Rodríguez Gude, destacou a importancia desta prestación “unha medida moi importante, que supón un avance social na loita contra as desigualdades, á que todos aspiramos nunha sociedade moderna”.

Na provincia de Lugo, calcúlase que o Ingreso Mínimo Vital chegará a uns 5.000 fogares, o que supón arredor de 13.000 persoas beneficiarias, segundo informou á subdelegada o director provincial do INSS. A Seguridade Social xa lle recoñeceu de oficio esta prestación a 922 fogares, que cobrarán por primeira vez o Ingreso Mínimo Vital a finais de mes.

O director do INSS tamén informou á subdelegada do Goberno das xestións que está a facer cos   esta nova prestación que acaba de poñer en marcha o Goberno. Nos últimos días, o director provincial da Seguridade Social enviou información a todos os concellos da provincia sobre os requisitos e a tramitación do Ingreso Mínimo Vital. Ademais, ten previsto manter reunións cos principais concellos para que os servizos sociais municipais estean ao tanto e poidan facilitar información sobre esterecurso público a todos os posibles beneficiarios.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Cojo Manteca 34
    Cojo Manteca 34
    Xuñ 19, 2020 - 12:48 AM

    Escribo porque leí en El Progreso que le gustaba el ensino en una entrevista hace meses. Por si va po… https://t.co/y3oaXTcLLH

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo