Jaime Castiñeira critica as demoras do Concello de Lugo nos pagos aos provedores

O voceiro do Partido Popular, Jaime Castiñeira, salientou en rolda de prensa esta mañá, que o informe do Ministerio de Facenda de novembro de 2016 reflicte que en só un ano a alcaldesa de Lugo multiplicou case por catro a demora no pago a provedores. O edil popular sinala que o Concello de Lugo é o terceiro que “peor paga” do territorio nacional e critica que a capital supere en tres meses e medio o Período Medio de Pago a Provedores estipulado polo Ministerio en 30 días.

Tal como explicou o popular, o informe do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, sobre morosidade do mes de novembro de 2016 é “claro” e reflicte “o alarmante e preocupante” grao de deterioro que “a alcaldesa está a imprimir á xestión municipal”. “Non hai máis que comparar os datos dese mes cos de períodos anteriores”, afirmou Castiñeira, en referencia aos 29,68 días cos que, de media, abonaba o Concello de Lugo as súas facturas hai xusto un ano (segundo as estatísticas de novembro de 2015) e aos 18,05 días que precisaba a administración local para pagar aos provedores en xuño de 2015, “momento no que a alcaldesa tomou posesión do seu cargo”.

Nesa liña, o voceiro popular afondou en que “por suposto que é grave que o Concello estea a incumprir o período máximo estipulado por lei, de 30 días, pero máis o é aínda a tendencia alcista que amosa a administración municipal”. Así mesmo, o voceiro popular fixo fincapé en que “Lugo triplica a demora que acumula a seguinte cidade galega que peor paga, que é A Coruña”, cuxo Período Medio de Pago a Provedores é de 38,50 días, “case a terceira parte dos 109,27 de Lugo”.
Por outra banda, Castiñeira criticou que “o máis paradoxal é que non se trata dun problema económico, dado que o Concello de Lugo dispón de fondos para asumir estes pagos, senón que estas demoras obedecen a unha nefasta dirección económica”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com