" />

Jaime Castiñeira tilda de “escandaloso” que Lara Méndez aprobe o pago de 1,4 millóns de euros por servizos de empresas sen contratos

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Jaime Castiñeira, cualifica de “escandaloso” que a alcaldesa de Lugo aprobase onte o pago de 1,4 millóns de euros por servizos prestados por empresas sen contrato.

Castiñeira, que detalla que se trata de 41 facturas correspondentes a 23 servizos prestados por 16 empresas e distintas ás que o goberno local levou a pleno a semana pasada, afirma que “este pago demostra que se houbo, hai e haberá provedores que non cobran polos seus traballos é,pola falta de xestión da alcaldesa” nun dobre senso: primeiro, porque estas actuacións non se amparan no preceptivo contrato en vigor; e segundo, porque se a situación non se corrixe é unicamente porque non existe vontade política por facelo.

Así mesmo, Jaime Castiñeira apunta que, tendo en conta que no primeiro trimestre de 2017 se pagaron case 2.750.000 euros, “de seguir a este ritmo, ao remate do ano o Concello de Lugo pagará en torno a 17 millóns de euros por servizos sen contrato”, xa que dende este mesmo mes o servizo de recollida de lixo prestarase tamén sen ningún respaldo contractual por un importe estimado de 5,5 millóns de euros ata decembro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo