Javier Losada amosa á alcaldesa o “compromiso de Pedro Sánchez” con Lugo

A alcaldesa de Lugo e o Delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, mantiveron esta mañá unha reunión na Casa Consistorial para achegar posturas acerca de diferentes necesidades que a cidade “viña demandando nas últimas datas do goberno central”. O Delegado, amosouse contento polo día de hoxe. Asegurou que “tanto a cidade como a provincia teñen moito potencial” e quixo amosar o “compromiso de Pedro Sánchez” coa mellora das infraestruturas da cidade.

Javier Losada, que asinou no Libro de Ouro do Concello, trasladoulle á alcaldesa “o apoio do Goberno de España aos proxectos que ten Lugo, unha cidade dinamizadora dunha provincia que conta cun gran potencial e que ten unha gran
Alcaldesa, tanto de conexión intergalaica, como co resto de España”. “Hai un compromiso do Executivo e do presidente Pedro Sánchez para levar a alta velocidade nos tempos previstos, para conseguir que a conexión con Santiago por autovía remate tamén nos tempos previstos, para darlle un pulo á conexión con Ourense, para facer da seguridade e a loita contra a violencia de xénero un eixo fundamental nesta cidade, e para conseguir que as delegacións provinciais e as empresas públicas dean un apoio efectivo ao Concello”, expresou o  delegado.

A Alcaldesa subliñou que este primeiro encontro co delegado do Goberno, “que non será o último porque así mo trasladou, dentro do seu compromiso de traballar por Galicia e por Lugo”, foi “fluído, fácil e fructífero” porque “xa era coñecedor das necesidades que lle transmitín. Para min é algo novidoso, distinto, ter un interlocutor no Goberno central que,non só coñece, senón que comparte as necesidades da nosa cidade”.

O reforzo da seguridade foi unha das cuestións centrais que Lara Méndez lle trasladou a Losada, “e a verdade é que a resposta non puido ser máis inmediata porque 11 efectivos están xa na cidade por primeira vez en moitos anos de carencia. Sen ser un número aínda suficiente, entendemos que non se pode facer todo simultaneamente, senón de maneira progresiva”.

As infraestruturas foron outro dos piares nos que centraron o encontro; neste senso, a rexedora asegurou que dende o goberno local, “queremos que -Losada- sexa o noso nexo co Executivo do Estado en todos os proxectos pendentes en Lugo, como o AVE, a Estación Intermodal, a rotonda da N-IV á altura de Alfonso X, ou as autovías con Santiago e Ourense, infraestruturas importantísimas para que Lugo non quede illada, nin de Galicia, nin da Meseta”, asegurou a alcaldesa.

Encontro con Darío Campos

O Delegado do Goberno aproveitou a súa visita a Lugo para reunirse tamén co presidente da Deputación, Darío Campos, onde avanzaron sobre as necesidades e reivindicacións que teñen os máis de 300.000 veciños da provincia de Lugo.

Campos Conde considerou “preciso poñer en valor o encontro, no que estamos a avanzar en todo o traballo que aínda nos queda por facer para dar resposta as necesidades dos veciños, que defendiamos antes e que continuamos a defender hoxe en día. Nós non somos como o PP, indiferentemente se estamos no Goberno ou na oposición, continuamos a defender as mesmas reivindicacións para a provincia de Lugo”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com