" />

Javier Losada espera que a nulidade do ERE de Alcoa “sexa outro paso hacia o mantemento do emprego”

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, explicou hoxe que espera que a nulidade do ERE de Alcoa, decretada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), “signifique outro paso cara o mantemento do emprego e a actividade industrial”. Expresouse así tras coñecer o contido da sentenza da Sala do social deste organismo.

Javier Losada celebrou esta decisión do Alto Tribunal, pois  “certifica a tese defendida pola avogacía do Estado, o persoal e o resto de administracións”. Esta decisión chega tras conseguir xudicialmente paralizar o apagado das cubas, clave para o futuro da factoría de San Cibrao (Lugo).

O delegado do goberno volveu a facer un chamamento ao traballo conxunto para conseguir o mantemento do emprego. O executivo seguirá ao lado dos traballadores e traballadoras de alcoa e espera que o resto de administracións públicas sómense a este traballo que persegue garantir o futuro da Mariña lucense.

Nese sentido, expresou o seu desexo de que Alcoa se avenga a continuar co iniciado proceso de venda. Unha vez o tribunal superior declarou a “mala fe” da empresa, espera que esta situación se reverta e leve cara a unha transición que implique o mantemento de todos os postos de traballo actuais.

Ademais, lembrou que esta mesma semana o Goberno aprobou mediante un Real Decreto o Estatuto dos Consumidores Electrointensivos. Esta norma serve para dotar ás empresas dun marco xurídico e económico que mellora a súa competitividade. Favorece, ademais, o investimento industrial e beneficia, por tanto, a actividade e a creación de emprego, moi importante neste sector en Galicia.

“Coa aprobación desta semana, dáse cumprimento a un compromiso que adquiriran persoalmente o presidente, pedro sánchez, e a ministra de industria, comercio e turismo, reyes maroto, nas súas visitas á comunidade galega.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo