Javier Losada insiste en crear medidas que melloren os datos de sinistralidade nas estradas

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, insistiu hoxe en aumentar as medidas para mellorar os datos de sinistralidade nas estradas da Comunidade.

Considerou “preocupantes” as 104 vítimas mortais rexistradas de maneira provisional ao longo do ano 2018 en toda Galicia. Por provincias, A Coruña acumulou 45 vítimas mortais fronte ás 33 de 2017. Pontevedra pasou de 20 a 24. Lugo sumou 20 tras un 2017 con 16 persoas falecidas. Ourense pasou de 7 a 15 vítimas.

Javier Losada lembrou que o obxectivo é alcanzar “as cero vítimas” e para iso o Goberno xa tomou medidas, como a redución no límite de velocidade nas estradas convencionais, de 100 a 90 quilómetros por hora, para mellorar a seguridade. Ademais das campañas recorrentes de control de velocidade, consumo de alcol e drogas e estado do vehículo, o delegado do Goberno avanzou novas campañas específicas a nivel galego. Javier Losada detallou que no traballo conxunto cos responsables de Tráfico abordarase na próxima Comisión o repunte no dato de persoas falecidas e dinamizarán as actuais medidas co obxectivo de optimizar a seguridade viaria.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo