José Luis Regojo presenta ‘Fronteras’ na librería Trama

O escritor barcelonés José Luis Regojo presentará este mércores, 23 de xaneiro, a súa última obra Fronteras, na librería Trama, a partir das 19.00 horas.

A obra xorde como froito da indignación pola crise das persoas refuxiadas en 2015: a inoperancia da Unión Europea e a deixadez da clase política. Do outro lado do espello, en contraste, o vigor e solidariedade dunha parte da poboación. Estas situación levaron ao autor a reflexionar sobre unha política europea populista que, por electoralismo, abandona os ideais da Declaración Universal dos Dereitos Humanos para “lanzarse en brazos do racismo e a xenobia”. Os poemas que conforman Fronteras integran denuncia e reflexión e, máis aló de ideoloxíasm diríxese a todo ser humano que non se viu obrigado a fuxir do seu país por vivir a este lado do Mediterráneo.


Imaxe: Librería Trama

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com