" />

Lara Méndez aborda na Comisión de Tráfico a reordenación da circulación na contorna do colexio de Albeiros

A Comisión de Tráfico do Concello de Lugo, convocada e presidida pola alcaldesa, Lara Méndez, vén de abordar a reordenación da circulación na contorna do colexio de Albeiros.

Unha medida que por unha banda, incrementará a seguridade peonil do alumnado matriculado no centro e das persoas que os acompañan nas entradas e saídas ao mesmo pero que tamén redundará nunha mellora da fluidez que experimentará o tránsito que rexistra esta zona.

De igual xeito, na xuntanza celebrada este mércores se acordou acometer cambios na reordenación do tráfico nas inmediacións da rúa Alba. De maneira que o tramo de Flor de Lirio entre a rúa Juana La Loca e Rei Chiquito quedará en sentido único (nese sentido do percorrido)o tramo de Rei Chiquito entre Flor de Lirio e Mar Cantábrico quedaría en dobre sentido – como está agora – o tramo de Rei Chiquito entre Flor de Lirio e Rúa Alba quedaría de sentido único (nese sentido de percorrido) e a rúa Alba entre R/ Rei Chiquito e Rúa Flor de Lirio quedaría en sentido único.

Alén, se procederá ao cambio de sentido de Rúa Oribio (dende Otero Pedrayo ata Río Cabe), estendendo o dobre sentido de circulación en Río Cabe dende Río Támoga ata Rúa San Lourenzo e modificando o sentido de Rúa San Lorenzo e a incorporación dende a mesma ata a Avenida da Coruña sen regulación semafórica (sentido saída cidade). Pola súa banda, a rúa Ferreiriño pasará a ser de sentido único cara a Avenida da Coruña dende Túnel de Oural.

Ademais foi validada a mellora e acondicionamento das prazas de estacionamento para persoas con mobilidade reducida nas rúas Lamas de Prado, Montero Ríos e mesmo na Avenida da Coruña, neste último caso na zona de estacionamento de carga e descarga existente onde se atopa a Farmacia Labandeira, así como a instalación de pasos elevados e bandas desaceleradoras en diferentes puntos da capital que contribuirán á diminución da velocidade en zonas de moito tránsito coa conseguinte repercusión para a protección cidadá.

Xa por último, a parada de Taxis de Mártires de Carral e a Rúa San Roque permuta coa Carga e Descarga existen en San Roque.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo