Lara Méndez aposta por que o PSOE non apoie a investidura de Mariano Rajoy

A alcaldesa de Lugo, a socialista Lara Méndez, aposta por que o PSOE non apoie a investidura de Mariano Rajoy, nin votando a favor nin mediante a abstención. Segundo Méndez, “o PSOE dixo por activa e por pasiva na campaña electoral que non íamos apoiar a investidura de Rajoy”, polo que “sería absurdo” apoiar agora “as políticas que intentamos combater”.

A rexedora descartaba ademais favorecer que Rajoy accedese á presidencia do Goberno pola vía da abstención porque “de forma directa ou indirecta estás dando un apoio”. E engadiu que os socialistas teñen claro que “é necesario un cambio para que o país saia adiante”.

“É necesario un cambio para que o país saia adiante e non seguir con esas políticas destrutivas nas que estamos inmersos dende os últimos anos”, subliñou Lara Méndez.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com