Lara Méndez e Darío Campos valoran os resultados das primarias do PSOE

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, aplaudiu esta mañá que o PSOE xa teña Secretario Xeral, e afirmou que Pedro Sánchez tivo un gran apoio de militantes e simpatizantes.

Méndez destacou que era importante que o partido recuperase as estruturas integradoras, pois á falta das mesmas, “debilitan ao partido”. A rexedora mostrouse satisfeita pola gran participación da militancia lucense na toma desta decisión (un 89% dos militantes lucenses votaron) e aclarou que Sánchez deberá loitar por “seguir sendo a outra opción ante o Partido Popular”.

Méndez afirmou, ante as preguntas dos xornalistas, que un proceso de primarias pode deixar friccións, pero que o PSOE terá que demostrar a unidade e a integración do partido, a cal debe ser a prioridade para pechar filas en torno a un líder. A alcaldesa destacou que “esta situación reforzará a busqueda dunha estrutura a nivel autonómico para o noso partido”.

Pola súa banda, o presidente da Deputación, Darío Campos Conde, trasladou unha sinceira noraboa a Pedro Sánchez e aos milleiros de militantes socialistas que “participamos onte na elección do Secretario Xeral”.

Campos Conde destacou que o Partido Socialista demostrou que “a transparencia demostrada estimula á tan necesaria participación cidadá na vida política”. “Estamos de noraboa porque demostramos madurez e calidade democrática”, afirmou o presidente.

Para Darío Campos, Pedro Sanchez “ten unha lexitimidade indiscutible, que lle dá toda a forza e responsabilidade para devolver á sociedade a esperanza”; e asegurou que o Secretario Xeral do PSOE lle “devolverá o Estado de dereitos, oportunidades, benestar e igualdade, que foi arrebatado polo Partido Popular”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com