Lara Méndez inaugura o “bosque de cores” pola diversidade do colexio das Mercedes

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Cultura, Carmen Basadre, participaron este martes na presentación e inauguración do proxecto colaborativo ‘Tecendo Futuros’ do CEIP As Mercedes, un “bosque de cores pola diversidade”, como o definiu a rexedora, ideado pola Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA) do centro.

A iniciativa, na que se implicou toda a comunidade educativa, pais e nais, profesores e o propio barrio, consistiu en vestir as 28 columnas do patio do colexio con las que foron tecidas por 19 tecedoras, cada unha delas con cores e deseños diferentes.

Durante a presentación, na que participaron proxenitores, profesores e nenos e nenas do CEIP, a alcaldesa felicitou á ANPA e a toda a comunidade educativa por este novidoso proxecto “que reflicte a pluralidade e a diversidade, o que nos fai medrar como sociedade, e que enche de cor un espazo educativo do que desfrutan durante anos os nenos e nenas”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo