Lara Méndez participa no Almorzo Informativo do ‘Foro Lugo 2.0’

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, xunto co presidente e o vicepresidente da Deputación, Darío Campos e Manuel Martínez, e con representantes de forzas políticas municipais e provinciais, ademáis de empresarios e personalidades lucenses,  participaron hoxe nos Almorzos Informativos, organizados por Onda Cero, no Hotel Méndez Núñez, no Foro Lugo 2.0 no que a alcaldesa interviu coa ponencia: Lugo, o Impulso da súa xente, na que presentou as liñas estratéxidas do seu goberno para o que resta de lexislatura.

Nesta charla, Méndez quixo destacar a importancia dos veciños de Lugo no seu mandato e nos éxitos do Concello e afirmou que se sinte orgullosa da cidade e que “é moi gratificante servir aos lucenses como alcaldesa”.

Para a rexedora, darlle solucións aos problemas que se xeran e que conlevan grandes actuacións é tan importante como as máis pequenas “sempre que sexan a favor dos veciños”, xa que a política municipal, resaltou a alcaldesa, “é ser útil á xente”.

Lara Méndez reiterou que “Lugo é o impulso da súa xente”, e para iso traballa o concello nun modelo de cidade que teñen moi claro: o goberno local pretende conseguir un municipio “máis humano, máis amable, máis cómodo e que xere máis oportunidades”, e iso faino adaptándose, dixo Méndez,” á realidade e facendo fronte ás cousas, priorizando aos cidadáns por riba de todo, e intentando alcanzar todos os problemas, dentro do que os recursos o permitan”.

“O Concello de Lugo, é un referente no tocante á política social dentro do conxunto de España segundo” afirmou a alcaldesa tras resaltar unha inversión do 21% do seu pasado presuposto neste eido. Para Méndez, “Lugo non pode vivir de titulares”, polo que asegurou que o goberno municipal seguirá a traballar, tentando ser útiles  cun modelo de cidade que poña á persoa como protagonista de calquera acción de goberno.

Por estas razóns, Lara Méndez destacou que “toda a acción do goberno vai vinculada a conseguir financiación como os 22 millóns de euros de europa que Lugo gañou para mellorar a vida dos veciños e que invertiu na estratexia EDUSI, ese modelo de cidade baseado nas persoas, que expon solucións para garantir un municipio dedicado ao goce no que o río Miño sexa parte da cidade”.

Por outro lado, a alcaldesa destacou os recursos para unha construcción sustentable, como a consecución do programa Life, sendo un dos dous entes que o conseguiron en toda España, definindo un proxecto que pon en valor os recursos naturais da cidade, como pode ser a madeira.

Lara Méndez quixo resaltar tamén a que considerou que é “a maior problemática dos lucenses” que é o desemprego, e asegurou que o  tecido socioeconómico lucense ten capacidade de xerar emprego, pois, “só con traballo se poderá sair da crise”.

No tocante ao turismo, Lara Méndez afirmou que o Concello segue un proxecto “ambicioso” querendo facer de Lugo a cidade de referencia do norte de España e que pode conseguilo pola oferta cultural, paisaxística e gastronómica que posúe, e destacou “non hai cidades que conten con tres patrimonios da humanidade e dous festas de interese turístico nacional”. Asemade, a rexedora asegurou que no seu mandato algo imprescindible para resaltar o turismo da cidade de Lugo é a cultura.

Por último Lara Méndez quixo pór en valor un tema que tildou de indispensable no seu goberno como é a mobilidade, pola que “o goberno traballou e traballa para conseguir unha cidade respectuosa coa xente e co medio ambiente”, e asegurou que ten claro que algún día, “nun periodo medio ou longo de tempo”, a ronda da muralla será íntegramente peonil, para “que Lugo camiñe cara ao progreso”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com