Lara Méndez pídelle á Corporación un compromiso real pola intermodal

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, pediulle hoxe no Pleno Extraordinario a todos os partidos da Corporación un compromiso real coa estación intermodal, e lembrou que ningún dos partidos presentou nin unha soa proposta plenaria por este tema en todo o mandato. “Sexan leais con Lugo, únanse ás voces de todos os lucenses para reclamar á Xunta que deixe de castigarnos retrasando a intermodal, como fai con outros tantos compromisos e necesidades como o Museo da Romanización no Cuartel de San Fernando, o Plan Paradai ou a Ronda Leste”, sostivo.

A rexedora fixo esta petición durante a intervención que lle foi solicitada para dar explicacións dos avances da intermodal, explicacións ás que Méndez deu a benvida. “Alégrame, e moito, o interese da Corporación pola intermodal. Podería dicir interese case repentino porque en todo este mandato non escoitei de parte de ningún dos partidos unha defensa férrea da importancia desta infraestrutura para Lugo. E máis, non trouxeron nin unha soa proposta da intermodal ao Pleno”.

“Non escoitei a ningún dicir claramente que, se Lugo non avanza na Intermodal, non só será a única cidade galega que se quede sen ela, senón que será moito máis difícil para Lugo pelexar por un transporte ferroviario rápido, moderno e ben conectado”, aclarou, e subliñou que o transporte debe ser competitivo, e para iso debe ser rápido é cómodo. “A intermodalidade, é dicir, o uso combinado e áxil dos transportes, é un requisito básico para esa competitividade.

Polo tanto, debemos reivindicar con tanta forza un tren moderno como a estación intermodal, porque van unidos. Sen estación intermodal non haberá tren moderno, e non haberá tren moderno sen intermodal”.

A Alcaldesa lembrou que xa hai dúas semanas o proxecto da intermodal foi abordado nunha comisión informativa a petición do voceiro de ACE. “Por certo, tanto era o interese do señor Portomeñe que chegou case o final da comisión. E era tanto o interese de todos vostedes que ninguén realizou nin un só comentario, nin unha soa pregunta”, aclarou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com