" />

Legatvs presidirá o cartel anunciador do Arde Lvcvs MMXIX

Legatvs presidirá o cartel anunciador do Arde Lvcvs MMXIX, que cumpre a maioría de idade en xuño. A titular de Cultura no Concello de Lugo, Carmen Basadre, achegouse hoxe á Casa da Xuventude, onde deu a coñecer o cartel anunciador tras a deliberación dun xurado profesional. O traballo gañador será a imaxe oficial que anunciará esta festa declarada de Interese Turístico Nacional, que terá lugar os días 14, 15 e 16 de xuño, tal e como se establecía nas bases do certame convocado polo Concello.

No deseño gañador aparece a Muralla e un xeneral do exército romano, é obra do lucense Juan Ramón Morales Núñez. Foi seleccionado por un xurado do que formaron parte a deseñadora gráfica Lucía Barrios, o fotógrafo Jesús Burgo, e o vicedirector da Escola Superior de Arte e Deseño, Ramón Falcón, Alejandro Carro; de entre os dez traballos finalistas; é dicir, entre os dez máis votados pola cidadanía a través dunha votación popular no facebook oficial destes festexos, que rexistrou máis de 10.000 votos válidos. O gañador recibirá un premio de 1.300 euros.

Para máis información sobre o Arde Lvcvs pódese consultar a páxina web  www.ardelucus.com  e as contas oficiais nas redes sociais facebook, twitterinstagram e youtube.

Carmen Basadre tamén convidou a asociacións de recreación histórica e á veciñanza a colaborar cunha nova exposición que programa o Concello para conmemorar os 18 anos de historia do Arde Lvcvs. Para elo é preciso enviar distintas fotografías, cinco por ano como máximo, ao mail lucusarde@gmail.com. Exporanse no Vello Cárcere no mes de maio e xuño.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo