" />

Leve aumento de casos malia unha estabilidade nos demáis baremos da Covid

Xornada de estabilidade na provincia en canto á Covid. Malia unha suba lixeira de casos activos, o certo é que o resto de baremos se manteñen en cifras moi semellantes ás de onte.

Así, no último informe do SERGAS con datos recabados ata ás 6 da tarde de onte se rexistran 219 infeccións activas, 4 máis que na xornada anterior. No tocante aos positivos detectados, na última xornada Sanidade localizou na provincia de Lugo un total de 18 persoas cunha infección activa por coronavirus, unha máis que na xornada do martes cando rexistraban 17 positivos.

O que se mantén igual é a presión asistencial que continúa a sumar 15 ingresos, dos cales 11 pacientes se recuperan en plantas de hospitalización mentres que os outros 4 fano na UCI do Hula, a única con casos covid.

Dende o comezo na pandemia, na provincia de Lugo se rexistraron 11.991 altas médicas de persoas que foran infectadas co virus, 17 delas nas últimas horas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo