Leve estabilización da Covid en Lugo con 2130 casos activos e 92 positivos nas últimas horas

2130 persoas é o balance de casos activos de Covid19 realizado ata as 18.00 horas de onte polo SERGAS. O Servizo Galego de Saúde notificaba tamén un descenso no número de positivos detectados nas últimas xornadas. Unha consolidación do descenso que se viña rexistrando xa a finais da pasada semana. 

Durante a fin de semana, aumentou a cifra de casos activos en 121 persoas, pero foise rexistrando día a día un descenso no número de pcr positivas que, nas últimas horas foron 92 persoas, 24 menos que as rexistradas no balance do domingo.

Asemade, hai que celebrar que nas últimas horas un 95 persoas alta médica, en total dende o venres foron case 280 as persoas que xa poden dicir que superaron a covid na provincia. 

Na nosa provincia son un total de 67 as camas ocupadas por pacientes covid nas diferentes plantas de hospitalización, 43 deles no HULA, 10 na Mariña, 13 do Hospital de Monforte e un no polusa. Asemade, nas UCIS se rexistra unha alta ocupación con 20 pacientes ingresados, 18 no HULA e 2 no Hospital da Costa. 

Por último, neste repaso á situación da Pandemia na nosa provincia, esta fin de semana hai que lamentar 6 falecementos, en total dende que comezou a crise sanitaria rexistraronse xa na nosa provincia un total de 184 mortes causadas polo virus.

Con todo, o Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, chamaba á cautela esta fin de semana, celebrando a estabilización pero sen esquecer o aumento de hospitalizacións que, sen dúbida preocupan as autoridades sanitarias, en especial a ocupación das UCIs. Neste senso, Comesaña asegurou que Galicia se atopa na fase 4 polo que, polo momento, non sería necesario activar os hospitais de campaña.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com